Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas
 
 
[11/06/2013]
O volume, premio Francisco Añón de Poesía 2012 e publicado polo Concello de Outes, preséntase en Compostela o martes 11 de xuño ás 19 h. Será na Fundación Granell e contará coa presenza das escritoras María do Cebreiro, autora do limiar, e Raquel Miragaia.
[06/06/2013]
O acto, organizado en principio para a Praza da Quintana, trasládase por mor das predicións meteorolóxicas á igrexa de San Domingos de Bonaval (venres 7 de xuño, 17:30 h.). As nenas e nenos, de entre oito e doce anos, interpretarán poemas como "Maio longo" e Negra sombra" dirixidos por Maximino Zumalave e co acompañamento do grupo de metal Hércules Brass.
[29/05/2013]
O xoves 30 de maio, a partir das 10 h., desenvolverase no Consello da Cultura a "Xornada Rosalía no contexto internacional: Paralelismos e influencias; difusión e actualidade", correspondente ao Congreso Internacional Rosalía de Castro.
[26/05/2013]
O GAAP, en colaboración co proxecto A poesía no espazo público: Intervención, transferencia e performatividade, desenvolvido por un equipo internacional de investigadores/as, convoca para o 30 de maio a primeira das súas Citas. Será o poeta Daniel Salgado quen inaugure este espazo de debate arredor da poética propia e a análise da situación e posibilidades da poesía no momento presente nunha perspectiva ao tempo local e global.
[23/05/2013]
O venres 24 de maio, ás 20:30 h., inaugúrase no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA, Foz) a exposición Os ollos das palabras, que reúne obra de Caxigueiro e Baldo Ramos. O poeta ofrecerá un recital da súa poesía e no acto inaugural intervirá tamén o músico Mano Panforreteiro.
[17/05/2013]
Organizado polo Irish Centre for Galician Studies da Universidade de Cork o espectáculo de María Lado e Lucía Aldao After: Poesía canalla, risas e música preséntase o día 24 de maio ás 18:30 h. en The City Library de Cork.
 
Día: 22/11/2012
Lugar: Normal (A Coruña)
Vídeo, instalación, cinema e poema obxecto conflúen nunha escenificación metaliteraria do poemario publicado pola poeta en 2010, que foi preparada nunha residencia artística en Normal

Día: 19/11/2012
Lugar: Ateneo (santiago)
A escritora e ex-Presidenta do Padroado da Fundación Rosalía de Castro imparte esta conferencia enmarcada no ciclo Persoeiros de Compostela

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org