Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas
 
 
[24/06/2013]
Lampíricos é a nova proposta de Antón Lopo, un proxecto no que os espazos e as personaxes se superpoñen a partir duns textos escritos na cidade atlántica de Essaouira, referente do sufismo marroquí. Os textos indagan nunha contemporaneidade quebrada, cun corpus social reventado e unha aturdida parálise individual. Lampíricos preséntase como unha paisaxe de impulsos e sentimentos que atrapa á espectadora-lectora nunha acción implacable.
[22/06/2013]
O xoves 27 de xuño, a partir das 10 h., desenvolverase no Consello da Cultura a "Xornada Rosalía á luz dos novos paradigmas críticos", derradeira das cinco correspondentes ao Congreso Internacional Rosalía de Castro.
[19/06/2013]
Elvira Riveiro e a dj Carina Posse estrean o venres 21 de xuño, ás 20:30 h., o espectáculo Balada do Peep Show, unha combinación de poesía, performance, música e vídeo. Será en Vigo, máis en concreto no Bou Eva (rúa Terzo de Fóra, 11). O espectáculo irá seguido, ás 22 h., por unha sesión nu jazz, deephouse e downbeat a cargo da dj.
[18/06/2013]
Lucía Aldao e María Lado presentan o seu espectáculo poético-musical no bar compostelán Ultramarinos (Casas Reais, 34). Será o xoves 20 de xuño ás 22:30 h. Anúnciase como unha compilación dos mellores momentos da súa produción.
[16/06/2013]
O martes 18 de xuño ás 21 h., no Modus Vivendi de Compostela, pechará o curso dos Picaversos que organizan Branca Novoneyra e Olalla Cociña. Será cun recital de textos de Jack Kerouac na interpretación da actriz e xornalista Comba Campoy e do músico Bernardo Martínez.
[12/06/2013]
Será na Fundación Granell (Santiago de Compostela) entre os días 25 de xuño e 2 de xullo en horario de tarde e cun total de 15 horas. O taller organízase arredor das explicaciónx sobre os tres conceptos fundamentais cos que se desenvolve unha performance: tempo, espazo e presenza (o corpo).
 
Día: 22/11/2012
Lugar: Normal (A Coruña)
Vídeo, instalación, cinema e poema obxecto conflúen nunha escenificación metaliteraria do poemario publicado pola poeta en 2010, que foi preparada nunha residencia artística en Normal

Día: 19/11/2012
Lugar: Ateneo (santiago)
A escritora e ex-Presidenta do Padroado da Fundación Rosalía de Castro imparte esta conferencia enmarcada no ciclo Persoeiros de Compostela

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org