Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas
 
 
[04/08/2013]
Terá lugar na Casa do Concello de Noia o sábado 17 de agosto a partir das 21 h. O programa inclúe un recital seguido de debates entre as autoras e autores participantes e o público asistente. Entre os participantes, varios membros do Colectivo Literario Sacou, A Porta Verde do Sétimo Andar e grupo Axóuxere.
[30/07/2013]
As III Xornadas Literarias 'Xosé Carlos Gómez Alfaro' desenvolveranse na Igrexa da Magdalena da capital do Ribeiro os días 9 e 10 de agosto e contarán con recitais e a presentación do último libro de Concha Rousia.
[18/07/2013]
A rapeira Aid, que publicou en 2012, o álbum Rapoesía, versiona tamén textos de Cunqueiro, Manuel Antonio e Curros Enríquez e ensina nun taller impartido na sede viguesa da Fundación Barrié os procedementos técnicos para a asimilación da poesía de base tradicional pola cultura hip-hop.
[15/07/2013]
A Sociedade Cultural e Desportiva do Condado sinala que precisa do financiamento popular para poder seguir organizando as actividades que vén programando desde o verán de 1981 arredor da poesía e a música.
[04/07/2013]
A poeta e pintora Ofelia López, vinculada ao grupo pontés ARTPO, publicou con anterioridade o libro colectivo Cinco Sentidos, resultado da súa colaboración co grupo poético Alalá. Fume de cerna conta cun limiar de Xulio L. Valcárcel, quen intervirá no acto.
[28/06/2013]
Para o xoves 4 de xullo está convocada a Xornada Trans-fronteiras. Hibridacións culturais e transformacións literarias na nova realidade global. Será na Sala de Videoconferencias da Facultade de Filoloxía da USC. A Xornada conta co patrocinio da Cátedra Jean Monnet "A cultura da integración europea" (USC) e do Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE-USC).
 
Día: 22/11/2012
Lugar: Normal (A Coruña)
Vídeo, instalación, cinema e poema obxecto conflúen nunha escenificación metaliteraria do poemario publicado pola poeta en 2010, que foi preparada nunha residencia artística en Normal

Día: 19/11/2012
Lugar: Ateneo (santiago)
A escritora e ex-Presidenta do Padroado da Fundación Rosalía de Castro imparte esta conferencia enmarcada no ciclo Persoeiros de Compostela

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org