Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas
 
 
[15/11/2013]
A Fundación Gonzalo López Abente e Editorial Espiral Maior convocan á presentación do volume no local Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22) o venres 15 de novembro ás 20 h. Participarán Miro Villar, editor do volume, X.H. Rivadulla Corcón, Xosé L. Vilela e Miguel A. Fernán-Vello.
[11/11/2013]
O acto contará coa participación de Iago Martínez e Dorés Tembrás e desenvolverase a partir das 20 h. na Casa da Fariña, no número 6 da praza coruñesa do mesmo nome (tamén de Azcárraga). Publica Toxosoutos.
[08/11/2013]
O luns 11 de novembro terá lugar no Centro Sociocultural Ágora da Coruña, ás 20:30 h, o diálogo poético entre o poeta galego e a poeta israelí. Organiza o Ciclo de Poesía do Concello da Coruña e presenta Yolanda Castaño.
[05/11/2013]
Cúmprese un decenio desde o pasamento da autora de Denuncia do equilibrio e outros títulos destacados da produción poética galega entre mediados dos anos 80 e o propio ano 2003, cando apareceu Intempériome. Manuel Bragado escribe en Faro de Vigo e reproduce no blog Brétemas unha nota emocionada sobre o seu recordo e actualidade. A Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega está a organizar unha xornada centrada no estudo da súa obra e personalidade. Terá lugar na primavera de 2014 e estará dedicada así mesmo a outra poeta da que axiña se conmemorará tamén o décimo aniversación da súa desaparición, Luísa Villalta (1957-2004).
[04/11/2013]
O portal do Consello da Cultura publica con data 4 de novembro unha completa panorámica sobre diferentes prácticas poéticas, hoxe activas no país, que non teñen como soporte único ou fundamental o libro. Acompáñase de ligazóns a webs de grupos e iniciativas
[24/10/2013]
O martes 29 de outubro, no pub compostelán Modus Vivendi, reiníciase a actividade dos Picaversos, nesta ocasión baixo a invocación de Bartleby, o personaxe de Melville. Participarán no recital, a partir das 21 h., Luci Romero, Rocío González Lorenzo e Alfonso Pexegueiro.
 
Día: 22/11/2012
Lugar: Normal (A Coruña)
Vídeo, instalación, cinema e poema obxecto conflúen nunha escenificación metaliteraria do poemario publicado pola poeta en 2010, que foi preparada nunha residencia artística en Normal

Día: 19/11/2012
Lugar: Ateneo (santiago)
A escritora e ex-Presidenta do Padroado da Fundación Rosalía de Castro imparte esta conferencia enmarcada no ciclo Persoeiros de Compostela

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org