Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas
 
 
[30/04/2012]
Do 8 ao 17 de maio terá lugar en Barcelona o XXVIII Festival Internacional de Poesia, dirixido por Eduard Escoffet e Martí Sales. Participan, entre outros poetas, Pere Gimferrer, Narcís Comadira, Perejaume, Chantal Maillard, Jaap Blonk, Laia Noguera, Susanna Rafart, Biel Mesquida, Hélène Cixous, Caroline Bergvall, Stefano Benni, Ileana Malancioiu, Svetlana Cârstean e Vladimir Kopicl.
[25/04/2012]
Nova edición do festival que leva a poesía ás rúas, mercados e bares da cidade de Ferrol. Baixo o lema A palabra encarnada, os actos servirán de conmemoración á proclamación da República Española e á Revolução dos Cravos.
[23/04/2012]
Coa obra Cráter, a autora impúxose na modalidade de poesía en lingua galega. O xurado destacou a potencia dunha escrita ligada á terra, á sexualidade e ao espírito libertario. O libro, publicado en Toxosoutos, conta cun prólogo de Carmen Blanco.
[18/04/2012]
Organizado por Universidade Invisíbel e baixo o lema 'Filosofía e sentidos', o congreso desenvolverase no espazo de intervención cultural NORMAL da UdC. Xirará en torno á relación da filosofía cos sentidos; dende a arte e a estética como sentido, ás sensacións que de feito teñen lugar nas experiencias científicas ou políticas.
[16/04/2012]
Co rótulo xenérico "Alteridades dun secreto a voces" desenvolverase na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real 56) entre o 21 de abril e o 22 de xuño, sempre en horario 20 h. Participarán Oscar Rodríguez de Dios, Abraham Rubín, Beatriz Blanco, Ramiro Ledo, Clara Gayo, Marta Pérez Pereiro, Miguel Mosqueira e Delmiro Rocha.
[14/04/2012]
Durante os meses de maio, xuño e xullo a libraría coruñesa acollerá dous obradoiros poéticos, impartidos por Antía Otero e Dores Tembrás.
 
Día: 22/11/2012
Lugar: Normal (A Coruña)
Vídeo, instalación, cinema e poema obxecto conflúen nunha escenificación metaliteraria do poemario publicado pola poeta en 2010, que foi preparada nunha residencia artística en Normal

Día: 19/11/2012
Lugar: Ateneo (santiago)
A escritora e ex-Presidenta do Padroado da Fundación Rosalía de Castro imparte esta conferencia enmarcada no ciclo Persoeiros de Compostela

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org