Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas
 
 
[24/01/2014]
A presentación será o día 24 de xaneiro ás 20 h. na Libraría Biblos (rúa Santiago, 4). Contará coa presenza da autora e de Yolanda Castaño. O volume é unha edición bilingüe galego-castelán e conta cun limiar de Luis Luna.
[02/01/2014]
Na publicación converxen música, produción gráfica e plástica, fotografía, ensaio, crítica, narrativa e poesía, representada esta na primeira achega por obra de Inma Doval, Pepe Cáccamo, Iolanda Aldrei e Marcio André. Incorpóranse así mesmo textos críticos centrados na poesía de Ramos Rosa e Alfredo Brochado. Os tres codirectores forman parte do Grupo Surrealista Galego e subliñan o feito da nova publicación proxectarse decididamente para a lusofonía.
[24/12/2013]
Faino en compaña dos discursos oficiais lidos polos seus representantes nos actos celebratorios do Día das Letras de 2011. O conxunto compón o groso do número 372 do Boletín da Real Academia Galega, integramente descargábel na páxina web da institución.
[23/12/2013]
Correspóndese co recital do pasado 21 de marzo, no que nove poetas presentadas por Comba Campoy dialogaron cos textos rosalianos. As participantes son Lupe Gómez, Luz Pozo, María Xosé Queizán, Olalla Cociña, Xiana Arias, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Lorena Souto e Ana Romaní.
[23/12/2013]
O luns 30 de decembro terá lugar no Centro Sociocultural Ágora da Coruña, ás 20:30 h, o diálogo poético entre os poetas galego e maltés. Organiza o Ciclo de Poesía do Concello da Coruña e presenta Yolanda Castaño.
[15/12/2013]
O acto de presentación deste libro artesanal, que contará ademais coa participación de Xoán Abeleira, será na Libraría Biblos (rúa de Santiago, 4), o xoves 19 de decembro ás 20 h.
 
Día: 22/11/2012
Lugar: Normal (A Coruña)
Vídeo, instalación, cinema e poema obxecto conflúen nunha escenificación metaliteraria do poemario publicado pola poeta en 2010, que foi preparada nunha residencia artística en Normal

Día: 19/11/2012
Lugar: Ateneo (santiago)
A escritora e ex-Presidenta do Padroado da Fundación Rosalía de Castro imparte esta conferencia enmarcada no ciclo Persoeiros de Compostela

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org