Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Emma Pedreira gaña o IX Premio de Poesía Novacaixagalicia
[01/07/2011]
Emma Pedreira foi a gañadora da novena edición do Premio de Poesía Novacaixagalicia pola súa obra "Antítese da ruína", na que reflexiona sobre a morte e a ruína.

O xurado, que elixiu esta obra por unanimidade, estivo formado por Rexina Vega, Xavier Rodríguez Baixeras, Modesto Hermida García, Jonathan Dunne e Luis González Tosar.

Antítese da ruína publicarase na colección Arte de Trobar e está premiada con 12000 euros.

Entre os gañadores das anteriores edicións deste certame que comezou no ano 2001 figuran: Xavier Seoane, María do Cebreiro, Arcadio López-Casanova, Marilar Aleixandre, Román Raña, Carlos Penela, Luís Valle Regueiro e Xavier R. Baixeras.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org