Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Sitio na Academia
[08/06/2011]
Medra o debate público arredor da escasísima presenza de mulleres na Academia Galega e sobre as últimas decisións tomadas pola institución.

Malia non transcenderen de forma oficial as candidaturas presentadas nin os resultados das votacións, os medios de comunicación transmiten estes días que a última incorporación á RAG para cubrir a vacante de Francisco Fernández del Riego foi dirimida entre as candidaturas de Xosé Fernández Ferreiro, finalmente exitosa, e Marilar Aleixandre. Trátase en ambos casos de narradores prestixiados que contan así mesmo con produción poética. Segundo é preceptivo, ambas propostas foran presentadas e avaladas por académicos/as numerarios da institución.

Entre as iniciativas destinadas a promover un debate público sobre as últimas decisións da RAG cóntase o manifesto "O xogo das cadeiras", promovido inicialmente por Yolanda Castaño, Inma López Silva, María Reimóndez, Helena González e Dolores Vilavedra, integrantes as dúas últimas do equipo de poesiagalega.org. O manifesto conta co apoio explícito doutras e doutros membros do proxecto.

A web correspondente permite sumar sinaturas ao manifesto e actualiza a información sobre o debate: http://xogodascadeiras.blogaliza.org.

 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org