Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Todo Letras de Cal en poesiagalega.org
[29/05/2011]
Co libro de Xosé de Cea "Presencia da fenda" (2001) pasan a estar dispoñíbeis en pdf os 14 volumes da colección Letras de Cal.

Con data de 29 de maio de 2011, o equipo de poesiagalega.org completa o proceso para poñer a disposición pública os catorce volumes que Letras de Cal publicou entre os anos 1997 e 2001, incluídas as dúas antoloxías que apareceron na serie, unha de poesía galega e outra de poesía vasca traducida.

É momento de reiterar o sincero agradecemento aos autores/as, á Asociación Cultural Amaía e, de modo moi destacado, a Eduardo Estévez, que coordinou o proceso na súa totalidade e se encargou persoalmente da localización e preparación dos arquivos, e nalgún caso mesmo da súa reparación, fases previas todas elas á reedición electrónica que aquí se fornece.

Para acceder aos catorce volumes introduza no buscador de poesiagalega.org (o que figura arriba en branco sobre fondo negro) "Colección Letras de Cal", coas comiñas, e prema logo na lupa asociada. Aparecerá o listado correspondente que permite o acceso a cada un dos libros.

 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org