Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Letra en obras, unha web para a promoción de autoras e autores novos
[23/05/2011]
Certames, entrevistas, axenda e creación son os piares desta páxina de difusión da literatura galega.

Letra en Obras nace coa vocación de abrir camiños de difusión á obra de autoras e autores novos, de poñer en circulación textos que doutro xeito poderían estar moito tempo gardados en caixóns, sen que ninguén puidera lelos.

Preséntanse a si mesmos cun libro publicado baixo licenza Creative Commons, que pode descargarse gratuitamente no web en formato pdf ou epub. Titúlase 17 letras sen día e inclúe dezasete textos de outros tantos escritores e escritoras: Samuel L. Paris, Paloma Calvo, David Pobra, Iria Ameixeiras, Brais Lamela, Elena Veiga Rilo, Andrés Carrasco, Raquel Boo Anderson, Paulo Martínez Lema, Alba Payo Froiz, Xurxo Martínez González, Mónica Armesto Fernández, Brais Zas Camafreita, Alberto Rodríguez Díaz, Celia Parra, Vidal e Eva Moreda.

Alén dos textos e da presentación destes autores e autoras, na páxina poden atoparse entrevistas, certames, ligazóns a bitácoras, novas sobre poesía e unha axenda de eventos. A finalidade do proxecto implica ademais o estaren abertos a novas colaboracións.

 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org