Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
A AELG homenaxea a Lois Pereiro con Vivir un soño repetido
[18/05/2011]
Trátase dun libro electrónico no que participan con poemas inéditos, versións ou fotografía e ilustración: Arturo Casas, Baldo Ramos, Cesáreo Sánchez, Estíbaliz Espinosa, Helena Villar, Lino Braxe, Lucía Novas, Mario Regueira, Marta Dacosta, Olga Patiño, Ramón Caride, Salvador García Bodaño ou Siro López

Hai un par de meses, a Asociación de Escritores en Lingua Galega fixera un chamamento aos seus socios e socias para que enviasen colaboracións inéditas sobre Lois Pereiro coa intención de elaborar un libro-homenaxe. A convocatoria, que tamén fora publicitada neste espazo, estaba aberta a poemas, versións ou fotografía e ilustración.

Agora, ese libro electrónico en formato epub pode descargarse libremente no web da AELG, de xeito que os camiños para a visibilización e actualización da obra e pensamento de Pereiro que se procuraban con el quedan abertos a todos os interesados e interesadas.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org