A gran novidade reside en que Johannnes Kabatek e Aitor Rivas, editores do volume, quixeron que a obra de Rosalía fose analizada dende novas perspectivas. Nesta compilación de artigos non se ofrece só a perspectiva da Rosalía galega, senón tamén dunha Rosalía que é un punto de interese actual dos Cultural Studies e dos estudos femininos, unha Rosalía tirada do seu suposto exotismo e introducida nunha Europa literaria e nun romanticismo lamartiniano ou eichendorffiano: descubrimos nestas análises unha Rosalía galega, moi galega, pero que sobrepasa todas as fronteiras e é fondamente europea e mundial
O libro tamén conta cun prólogo de Aitor Rivas e cunha introdución de Johannes Kabatek que serven para explicar o nacemento deste volume e para contextualizar o lectorado galego da Universidade de Tübingen no mundo.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org