Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Libros del silencio publica en edición bilingüe a Obra Completa de Lois Pereiro
[25/04/2011]
Con tradución de Daniel Salgado, prólogo de Pere Gimferrer e introdución de Xosé Manuel Pereiro, irmán do poeta

A editora barcelonesa Libros del silencio, dirixida polo galego Gonzalo Canedo, vén de publicar a Obra Completa de Lois Pereiro en edición bilingüe, que inclúe os escritos en poesía e en prosa do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas. Poden lerse así, na tradución ao castelán de Daniel Salgado: Poemas para una loia, Poemas 1981-1991, Poesía última de amor y enfermedad; Náufragos del paraíso, Modesta proposición y Conversación Ultramarina.

A Xunta de Galicia apoiou esta edición, que alén dos textos en galego e castelán, incorpora un prólogo de Pere Gimferrer e unha introdución de Xosé Manuel Pereiro para achegar ao lectorado ao mundo poético do seu irmán.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org