Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Publicación de O meu gato é un poeta e Recendos de aire sonoro
[18/04/2011]
Fran Alonso e Antonio García Teijeiro ofrécennos cadansúa nova achega ao vizoso mundo da literatura infantil en galego con dous novos poemarios para cativas e cativos.

Despois de Cidades (1997) e Poetízate (2006), Fran Alonso volve ofrecernos un poemario para os máis novos con este O meu gato é poeta (2011). A presentación editorial fala do seu artellamento a modo de obradoiro no que teñen cabida desde a mestura de xéneros á aposta polo interartístico e polas novas tecnoloxías. Esa vertente de apertura da poesía e do novo lectorado aos recursos que a tecnoloxía pode ofrecer vén dada desde o cedé que acompaña o libro, con seis cancións con música de Xurxo Souto, e desde a web propia www.gatopoeta.net.


Tamén Antonio García Teijeiro vén de publicar un poemario para nenas e nenos, Recendos de aire sonoro (2011), no que fai converxer, na liña das súas inquedanzas habituais, o mellor da poesía e da música. As ilustracións son de Fino Lorenzo.

 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org