Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Sae o Protexta 17, con entrevistas a Ana Romaní, Antonio Gamoneda e Antón Figueroa
[30/03/2011]
Este suplemento de libros da revista Tempos Novos conta con entrevistas á poeta Ana Romaní, recentemente premiada por Estremas, e ao teórico da literatura Antón Figueroa, ademais dunha conversa entre María do Cebreiro e Antonio Gamoneda.

Nas páxinas do último Protexta Antonio Gamoneda, Premio Cervantes e Nacional de Poesía, manifesta o seu aprecio pola literatura galega nunha conversa con María do Cebreiro: "Se sacásemos a media cualitativa da literatura de Galicia e a doutras rexións de España, ou do resto de España na súa totalidade, sería máis alta en Galicia. E isto ten que ver coa vontade de vivificar a lingua".

A poeta e xornalista Ana Romaní, responsábel do Diario Cultural da Radio Galega, reflexiona sobre a súa escrita e as súas influencias, racha coas etiquetas coas que foi catalogada, e aborda tamén o seu labor xornalístico e o seu compromiso feminista.

Antón Figueroa, que aplicou ao caso galego a teoría dos campos literarios de Pierre Bourdieu, conversa ao redor do seu último estudo, Ideoloxía e autonomía no campo literario galego (Laiovento, 2010), que afonda nos mecanismos de poder ao redor da escrita.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org