Os días 31 de marzo e 1 de abril a universidade irlandesa de Cork acollerá un simposio dedicado á tradución literaria en contextos minoritarios. Organizado por Helena Buffery e Martín Veiga, do Departamento de Estudos Hispánicos, conta así mesmo co patrocinio do Centro de Estudos Galegos irlandés, a Escola de Linguas, Literaturas e Culturas, a Universidade de Cork e o Instituto Ramón Llull.
As conferencias correrán a cargo de profesorado, escritores, poetas e tradutores de diversas procedencias, cunha importante presenza galega e catalá nos temas abarcados.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org