A Casa Museo está situada na Rúa de Abaixo de Rianxo, onde se atopan tamén as casas natais doutros dous ilustres escritores da vila: Rafael Dieste e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O Concello pretende crear con estas tres vivendas unha rede museística ao amparo dun ambicioso proxecto: a Academia Literaria de Rianxo, con sede no Pazo do Martelo. Xosé Luís Axeitos, secretario da Real Academia Galega, será o encargado de coordinar o proxecto.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org