"O profundo coñecemento que Lois Pereiro posuía da cultura e da contracultura do seu tempo, xunto coa súa experiencia vital, explican a súa particular mirada interior e exterior e a súa escrita. Os poemas e os relatos de Lois Pereiro sitúan os seres na liminalidade porque el tamén estaba aí, na fronteira. Moitos dos seus poemas son escenas cinematográficas nun espazo fronteirizo e cuns protagonistas sumidos no movemento e na inestabilidade vital. Literatura urbana ambientada nos espazos públicos (rúas, trens, metro, bares...) coma as películas de David Lean e Win Wenders. A linguaxe do cine vén suplir, desta maneira, aquilo que resulta indescritible na escrita e mostra o que sucede no labirinto da cidade". Son palabras de Ana Acuña, editora deste volume.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org