O Congreso, que conta coa colaboración das tres universidades galegas, celebrarase entre os días 28 de setembro e 1 de outubro de 2011, con sedes na Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
Até o día 31 de marzo poderán enviarse propostas de comunicación ao enderezo congreso.cunqueiro@consellodacultura.org
Os ámbitos de estudo preferentes serán:
1. Cunqueiro e as tradicións literarias universais
2. Cunqueiro e o seu tempo
3. Achegas biográficas
4. O popular en Cunqueiro
5. A cuestión dos xéneros literarios na obra de Cunqueiro
6. Cunqueiro e as poéticas da modernidade
7. A recepción da obra cunqueiriana
8. As artes plásticas e escénicas dialogan con Cunqueiro
9. Cunqueiro nos medios de comunicación
10. Cunqueiro noutras linguas, Cunqueiro e outras linguas
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org