Englobado pola crítica na “Xeración dos 80”, Román Raña é un dos poetas máis premiados da literatura galega contemporánea; a razón de galardón por libro, é autor de oito poemarios que lle valeron os máis sonados premios da poesía galega: dende o Martín Códax ao Caixanova pasando polo Esquío ou o Miguel González Garcés.
Pola súa banda, Tal Nitzán constitúe a principal tradutora do español para o hebreo, ademais de poeta e editora. Así, traduciu máis de oitenta libros de autores coma Machado, Lorca, Neruda, Borges, Octavio Paz, Cortázar, Cervantes, García Márquez, Vargas Llosa, Roberto Bolaño ou Miguel Delibes. Pero ademais, Nitzán é unha comprometida e incansable activista pola paz e os dereitos humanos, nomeadamente en contra da ocupación da franxa de Gaza e os territorios palestinos. Así mesmo, ten participado en multitude de festivais literarios internacionais e os seus poemas traducíronse a máis de vinte linguas. Ela lerá o luns 11 en hebreo, seguida das traducións ao galego dos seus textos.
[Da nota de prensa da organización]
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org