Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
A Academia publica os relatorios do Congreso Lois Pereiro (decembro 2011)
[24/12/2013]
Faino en compaña dos discursos oficiais lidos polos seus representantes nos actos celebratorios do Día das Letras de 2011. O conxunto compón o groso do número 372 do Boletín da Real Academia Galega, integramente descargábel na páxina web da institución.

 

[Tomado da páxina web da RAG]

A listaxe de colaboracións abrangue desde os discursos oficiais lidos por membros numerarios da Academia como Manuel Rivas, Margarita Ledo, Darío Xohán Cabana e Antón Santamarina no acto oficial do Día das Letras 2011 celebrado en Monforte, vila natal de Lois Pereiro, ata as conferencias pronunciadas ao longo do Congreso Lois Pereiro que tivo lugar en decembro dese mesmo ano, e no que interviñeron autores e estudosos como Pere Gimferrer, Arturo Casas, Luz Pozo, Chus Pato, Olivia Rodríguez e Daniel Salgado.

A publicación inclúe tamén dous traballos de investigación a cargo de Xosé Ramón Barreiro e Luís Cochón, sobre as pauliñas eclesiásticas e a influencia e Rosalía en Novoneyra respectivamente, diversas relacións sobre a actividade da Academia durante o 2011, e dúas notas necrolóxicas sobre Francisco Fernández del Riego e Olga Gallego.

 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org