Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Picaversos do martes 10 de decembro: poesía en lingua inglesa
[08/12/2013]
A primeira das dúas sesións dos Picaversos do mes de decembro muda a súa localización habitual. Será no Paraninfo da Univesidade de Santiago de Compostela (Facultade de Xeografía e Historia, 1º andar), ás 21 h. Recitaranse en versión orixinal e na súa tradución galega textos de poetas que escriben en lingua inglesa.

Participarán oito poetas que participaron no ciclo ao longo dos seus dous anos e medio de vida e que este martes recitarán textos das súas autoras e autores anglófonos favoritos, traducidos ao galego e máis na súa versión orixinal. Trátase de Mariña P. Rei, Alexandra Lores, Gonzalo Hermo, Antía Otero, Ismael Ramos, Luís Valle, Alfonso Barata e Mark Wiersma. A organización, como adoito, corre a cargo de Olalla Cociña e Branca Novoneyra.

Reprodúcese un retrato da poeta estadounidense Linda Gregg, por Jack R. Smith.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org