A presentación será ás 21 h. na Casa Dopeso, na Rúa Rosalía de Castro, 28.
[Da nota informativa da editorial Galibook]
Os poemas de Fume de Cerna amósannos unha paisaxe que sufriu o paso do tempo. Un modo de vida rural que desapareceu comesto polas pistas, as canteiras, os muíños de vento e que mesmo cambiou os cursos dos ríos. Pero estes poemas tamén falan de como o paso do tempo cambiou esa outra paisaxe máis íntima. Como muda o amor, a familia, a visión da vida co paso dos anos.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org