Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Lecturas de Rosalía de Castro desde os novos paradigmas críticos
[22/06/2013]
O xoves 27 de xuño, a partir das 10 h., desenvolverase no Consello da Cultura a "Xornada Rosalía á luz dos novos paradigmas críticos", derradeira das cinco correspondentes ao Congreso Internacional Rosalía de Castro.

[Da nota de prensa do CCG]

Esta quinta xornada pretende amosar a eficacia das novas ferramentas analíticas para propor unha interpretación global da fi gura e da obra rosalianas, que integre con coherencia dimensións ata o de agora silenciadas ou infravaloradas.

Baixo a coordinación de Helena González e Dolores Vilavedra esta xornada analizará aspectos da obra rosaliana da man de Francisco Rodríguez, Helena González, María Xosé Agra, Carmen Blanco, M.ª Xesús Nogueira, María Reimóndez, Xosé M. Núñez Seixas, Afonso Vázquez-Monxardin,  Anxo Angueira, María López Sández e Álex Alonso.

Pode consultarse aquí o PROGRAMA da xornada. 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org