Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Lampíricos. Performance e acción de Antón Lopo
[24/06/2013]
Lampíricos é a nova proposta de Antón Lopo, un proxecto no que os espazos e as personaxes se superpoñen a partir duns textos escritos na cidade atlántica de Essaouira, referente do sufismo marroquí. Os textos indagan nunha contemporaneidade quebrada, cun corpus social reventado e unha aturdida parálise individual. Lampíricos preséntase como unha paisaxe de impulsos e sentimentos que atrapa á espectadora-lectora nunha acción implacable.

[Os textos tómanse do web Compostela. Capital cultural]

En Lampíricos, confúen varias das liñas de traballo que Lopo despregou nos últimos anos: desde a oralidade e a poesía textual, á videocreación e a poesía conceptual, pasando pola performance ou a lírica salvaxe. A obra inclúe varios traballos performáticos do autor, algúns inéditos como Acarexei os muros da miña patria ou avances do seguimento transxénero que actualmente realiza con Mauricio González (Celeste).

Lampíricos, porén, non é un expoñente individual senón o resultado dun esforzó comunal ao que contribuíron David Granha na música, Manolo Martínez no deseño gráfico, Tono Arias na fotografía, Pixi Arnoso e Xoán Villar no labor videográfico, María Salvado na iluminación, Eloy Corgo na coreografía, o músico Davide Salgado, Carlos Neira, Miguel Ángel Arce, Pumpún Dixital, Xosé Luís Salgado López, Mauricio González, Carmen Breixo, Soedade Noia e Luísa Iglesias.

 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org