Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Balada do Peep Show en Vigo
[19/06/2013]
Elvira Riveiro e a dj Carina Posse estrean o venres 21 de xuño, ás 20:30 h., o espectáculo Balada do Peep Show, unha combinación de poesía, performance, música e vídeo. Será en Vigo, máis en concreto no Bou Eva (rúa Terzo de Fóra, 11). O espectáculo irá seguido, ás 22 h., por unha sesión nu jazz, deephouse e downbeat a cargo da dj.

Balada do Peep Show é un espectáculo que combina poesía, música, vídeo e performance para construír unha historia na que o público tamén ten o seu papel protagonista. Unha cidade anónima… un suburbio que olla cara ao mar… un amor efémero acubillado polo asfalto… un feixe de palabras que voan e se derraman… un banquete de pan e chocolate derretido entre os dedos… un suxo peep show onde descubrirse… as fauces dun escuro animal… En Balada do Peep Show cada peza musical foi escollida para dar vida a cada verso; cada imaxe fainos reconstruír un relato feito de retallos que o/a espectador/a terá que coser cos seus ollos, cos seus ouvidos, coa súa boca… e, coma os anónimos amantes da historia, sentirá na súa pel o pracer e mais o abandono.

[Do blogue da A. C. Bou Eva]

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org