Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Ismael Ramos Castelo presenta o seu primeiro libro de poemas, Hábitat/Interferencias
[11/06/2013]
O volume, premio Francisco Añón de Poesía 2012 e publicado polo Concello de Outes, preséntase en Compostela o martes 11 de xuño ás 19 h. Será na Fundación Granell e contará coa presenza das escritoras María do Cebreiro, autora do limiar, e Raquel Miragaia.

[Da nota de prensa]

 

Ismael Ramos (A Picota, Mazaricos, 1994) estuda Lingua e literatura españolas na Universidade de Santiago de Compostela. Durante os anos de instituto obtivo numerosos premios literarios, entre os que se inclúen os Minerva e o Ánxel Casal. En 2012 fíxose co Premio de poesía Francisco Añón e en 2013 co Premio de narración curta Ánxel Fole. Textos seus teñen visto a luz en revistas como Dorna, A Casa da Gramática ou o suplemento "Barbantia" de La Voz de Galicia.

 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org