Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Rosalía no contexto internacional
[29/05/2013]
O xoves 30 de maio, a partir das 10 h., desenvolverase no Consello da Cultura a "Xornada Rosalía no contexto internacional: Paralelismos e influencias; difusión e actualidade", correspondente ao Congreso Internacional Rosalía de Castro.

[Da nota de prensa do CCG]

A obra de Rosalía, en prosa e verso, debe ser contemplada á luz dos paradigmas estéticos do seu tempo, sexa no contexto hispánico sexa no contexto europeo; ese será o obxectivo da primeira parte da xornada. A segunda está dedicada á actualidade da obra rosaliana como expoñente da cultura galega en todo o mundo, centrándose na tradución como principal medio de difusión.

Baixo a coordinación de Rosario Álvarez esta xornada tratará de analizar estes aspectos da obra rosaliana da man de Javier Gómez-Montero, Arturo Leyte, Olivia Rodríguez González, M.ª Xesús Lama López, José Manuel González Herrán, Fernando Cabo Aseguinolaza, Kathleen N. March, M.ª Teresa Caneda Cabrera, Olga Castro, Jonathan Dunne e Áurea Fernández Rodríguez.

Pode consultar o PROGRAMA da xornada. 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org