Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Terceira edición: consolídase PontePoética
[10/04/2013]
Entre o 19 e o 21 de abril desenvolverase en Pontevedra a terceira edición do festival de poesía PontePoética, que promove o Concello da cidade e conta coa colaboración do Ateneo de Pontevedra. A directora do festival é Yolanda Castaño, quen este ano convidou a dez poetas: Claudio Pozzani, Biel Mesquida, Marta Dacosta, María do Cebreiro, Roger Wolfe, Lino Braxe, Rosa Alice Branco, Claudio Rodríguez Fer, Kirmen Uribe e Raquel Lanseros.

A maior parte dos actos terán lugar no Teatro Principal de Pontevedra (rúa Paio Gómez Chariño, s/n). O detalle da programación pode consultarse no tríptico publicado polo Concello de Pontevedra.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org