[Do Xornal da USC]
A Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela recolle no libro Valente vital (Galicia, Oxford, Madrid) o legado e as vivencias do xenial poeta, ensaísta e tradutor ourensán durante a súa infancia e mocidade, transcorrida no seu Ourense natal ata que comezou a súa breve etapa universitaria en Compostela, onde logo de facer un curso de Dereito e despois de conseguir unha bolsa de estudos, optou por completar a súa formación na Universidade Complutense de Madrid, na que se licenciou en Filoloxía Hispánica para, de seguido, trasladarse ao Reino Unido, onde permanecería por un período de tres anos como lector na Universidade de Oxford.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org