Helena González Fernández e María do Cebreiro Rábade Villar son as editoras dun volume que, baixo o selo Icaria e na súa colección "Mujeres y culturas", constitúe unha publicación monográfica dedicada á narrativa da nosa poeta máis universal. Na presentación editorial sublíñase a pertinencia de analizar esta obra á luz do malestar na cultura que paira sobre o noso tempo histórico. Indícase que na escrita sobre o seu presente, Rosalía parece dar argumentos para ler o noso, e enuméranse os aspectos nos que isto se manifesta: a violencia familiar e social, a crítica ao capitalismo, ou a defensa da emancipación feminina e da igualdade, entre outros. Conclúese anunciando que a análise da narrativa rosaliana supón un cuestionamento das inercias historiográficas e críticas imperantes e a súa contribución ao esclarecemento crítico da obra da autora.
As especialistas, de distintos ámbitos e universidades que participan no volume son: Catherine Davies, Dolores Vilavedra, Joana Masó, María do Cebreiro Rábade, Margarita García Candeira, Helena Miguélez-Carballeira, María Xesús Lama, Isabel Clúa e Helena González.
No arquivo adxunto pode consultarse o índice da publicación.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org