Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
VII Encontro de Escritores/as Novos/as
[17/11/2012]
O sábado 24 de novembro celebrarase na Cidade da Cultura unha nova edición deste encontro anual, organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Baixo o lema Da palabra á acción, ten como obxectivo crear unha plataforma para a creación dun espectáculo escénico colectivo e interdisciplinar.

Este ano organizáronse grupos de traballo en diferentes cidades galegas, formados por escritore/as e creadores doutras disciplinas como a danza, as artes plásticas ou a música. Durante os últimos meses desenvolveron un traballo de creación que rematará o día da celebración do Encontro, no que mostrarán ao público as súas propostas creativas.

Intervirán María Rosendo, Roberto Casteleiro, Borja Fernández, Gonzalo Hermo, Begoña Cuquejo, Ariel Ninas, Daniel Landesa, Andrea Costas e mdmme. A entrada é de balde até completar aforo.

 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org