Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Poetry Slam Vigo o 1 de decembro
[13/11/2012]
O C.S. A Cova dos Ratos acollerá un torneo de poetas á maneira dos slams que naceron en Chicago na década dos 80. Os participantes recitarán os seus versos e serán avaliados por un xurado de cinco persoas escollidas ao chou entre o público.

O Slam Poetry Vigo celebrarase o 1 de decembro no centro social autoxestionado A Cova dos Ratos (Rúa de Romil, 3), en Vigo. As regras son as seguintes:

1. O límite de participantes é de 8.
2. Pódese recitar calquera texto en calquera idioma, sempre que sexa teu e non dure máis de 3 minutos.
A táboa de penalización por tempo é a seguinte:
3:00 – 3:10 0 puntos
3:10 - 3:20 1 punto
3:20 - 3:30 2 puntos
3:30 – 3:40 3 puntos
3:40 en adiante. Eliminado
3. Non podes usar música, disfraces, ou accesorios. Só son válidos os límites de cada corpo.
4. É tan importante o texto como o bo recitado. De feito, o único importante é conquistar ao público.
5. Non é imprescindible saber o texto de memoria.

Por votación do xurado decídense tres finalistas que volven recitar un texto diferente aos anteriores. Destes tres finalistas, sempre por votación do xurado, sae o gañador. O gañador pode, se quere, volver recitar tras resultar vencedor.

O Poetry Slam Vigo está aberto a que calquera persoa poida participar ou acudir como público. Os interesados poderán apuntarse enviando un correo ao seguinte enderezo: poetryslamvigoping@gmailpong.com

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org