O marco de reflexión xeral proposto no volume é o da experimentación poética nos séculos XX e XXI, se ben concede unha atención específica á produción catalá das últimas catro décadas. Os estudos teóricos corren por conta de Enric Bou, Cornelia Gräbner, Manuel Guerrero, Dominic Keown, Jordi Marrugat, Montserrat Roser e Margalida Pons, mentres que os creadores que interveñen no libro son Carles Hac Mor, Víctor Sunyol, Bertomeu Ferrando e J. M. Calleja.
Con esta publicación, o grupo LiCETC dá continuidade aos seus proxectos de investigación sobre a literatura experimental catalá desde a década de 1970.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org