Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Celso Emilio Ferreiro en ruso
[01/11/2012]
Sae do prelo unha antoloxía bilingüe ruso-galega da poesía de Celso Emilio Ferreiro. A edición corre a cargo da profesora Elena Zernova, do Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo.

A escolma, precedida dun limiar da investigadora rusa, publícase coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Esta obra vénse sumar á importante serie de publicacións que conmemoran o centenario do nacemento do autor e os cincuenta anos da aparición de Longa noite de pedra.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org