Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Publícase Non-Lyric Discourses in Contemporary Poetry
[29/10/2012]
Con edición a cargo de Burghard Baltrusch e Isaac Lourido, o volume sae á luz no selo Martin Meidenbauer e recolle as contribucións de dezasete especialistas en poesía contemporánea.

A publicación de Non-Lyric Discourses in Contemporary Poetry está directamente relacionada co proxecto de investigación DINOLIPOE (Discursos Non Líricos na Poesía Contemporánea), desenvolvido nos últimos tres anos por un grupo de investigadores e investigadoras de distintas universidades europeas, baixo a coordinación de Arturo Casas (Universidade de Santiago de Compostela).

Os principais intereses do volume localízanse na reflexión sobre novas prácticas discursivas e culturais que interveñen na poesía contemporánea, como a constitución de novos suxeitos, a hibridación enunciativa, a incorporación da intermedialidade ou a asunción de funcións concretas no espazo público. A discusión sobre aspectos teóricos e metodolóxicos combínase con estudos de caso de ámbitos poéticos e culturais diversos: austríaco, brasileiro, español, galego, hispanoamericamo, polaco, portugués, as tradicións orais, a poesía experimental e interartística, entre outros.

O libro inclúe artigos de Arturo Casas (“Non-lyric Poetry in Current System of Genres”), Daniel F. Chamberlain (“Oral Poetry Inc. and Offence in Comparative Literary History”), Cornelia Gräbner (“From the Intersection of Pain and Hope: Poetic Disruptions of the Neoliberal Etiquette in Public Letters”), Rui Torres ("Arquivos Digitais e Literatura Experimental: Pressupostos e Constrangimentos"), Margalida Pons (“On Besieged Lyricism and Translucent Subjects: Experimental Catalan Poetry”), Silvia Bermúdez (“Non-Discoursive Impulses and the Social Function of Poetry: Diversification Strategies in Antón Lopo and María do Cebreiro Rábade Villar”), Isaac Lourido (“Consciencia da marxinalidade: marcas da ideoloxía libertaria na poesía galega última”), Gisele Giandoni Wolkoff (“(Un)Territories of the Self: Women and Poetry in Contemporary Portugal”), Marina Corrêa (“Discurso Não-lírico e Poesia Concreta: Música como Meio de Materialização na Poesia de Ernst Jandl e Augusto de Campos”), Martín Veiga (“Nomear o mundo: os poemas-inventario de Xavier Queipo”), Gonzalo García Fortes (“Elementos performativos na poesía de Chus Pato”), María Cecilia Graña (“Intensos poemas extensos: el rodar conjunto del canto y el cuento”), Albert Jornet Somoza (“La lira reflexiva: espacios de transdiscursividad en el poema en prosa contemporáneo”), Walfrido Dorta Sánchez (“Discursos postnacionales, políticas de (des)autorización y terror-ismo literario: la poesía no lírica de los escritores del grupo Diáspora(s)”), Marlena Krupa (“Sobre la poética del albatros y la ontología del bufón. Elementos no líricos en la poesía comprometida de Adam Zagajewski y Pablo García Casado”), Fernando Guzmán Simón (“Poesía y ciudad. Una aproximación al estudio comparativo del cronotopo Bajtíniano en la poesía hispana de tema neoyorquino”) e Pablo Carriedo Castro (“Poesía, capitalismo y democracia: aproximación a la Otra Sentimentalidad).

 

 

 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org