Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
O Batallón Literario da Costa da Morte conta cun espazo na rede
[21/10/2012]
Desde fnisterrae.com accédese aos contidos dos catro boletíns de Feros Corvos e mais ao volume colectivo Nós.

Xa están na rede. Aquela brava agrupación de escritores costeiros, <cite>mozos e non tan novos, mariñeiros, estudantes, funcionarios, traballadores…</cite> teñen xa un espazo na internet que convirta en eternas e accesibles as súas creacións. Xa teñen un espazo oficial dentro do Finisterrae, onde xa podemos atopar a publicación dos 4 números publicados do boletín “Feros Corvos” e o libro comunitario “Nós”.

E todo cando se cumplen 10 anos da publicación dun libro que ficará nas nosas memorias, que recuperamos agora a través da rede. Iremos recuperándoos en QPC boletín a boletín, nome a nome, para lembrar aos Marilar Alexandre, Suso Bahamonde, Pilar Beiro, Concha Blanco, Moncho Bouzas Tobío, Fernando Cabeza Quiles, Sesé Canirot, Ana Canosa Blanco, María Canosa Blanco, Xosé María Casais, David Creus, Estevo Creus, Modesto Fraga, Gus García, Rafa García, Víctor Manuel Gómez Traba, Mónica Góñez, Serxio Iglesias, María Lado, Tomás Lijó, José Luís Louzán, Abel Mendes Bujeiro, Xoán Alberte Moure Insua, Paulina Mouzo, Alexandre Nerium, Helena Pérez García, Marcos Seoane Vázquez, Paco Souto, Miro Villar e Rafa Villar.

 

[Tomado do web Que pasa na Costa]

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org