Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Obradoiro internacional de tradución poética na Illa de San Simón
[17/10/2012]
Con barqueira e remador reúne sete poetas europeos: Marko Pogaar, Merja Virolainen, Txema Martínez, Brane Mozeti, Margrét Lóa Jonsdóttir, Sergej Timofejev e Yolanda Castaño.

Do 29 de novembro ao 3 de outubro celebrarase na Illa de San Simón Con barqueira e remador, un obradoiro de tradución poética que reúne escritores de sete literaturas europeas: Marko Pogaar (croata), Merja Virolainen (finesa), Txema Martínez (catalá), Brane Mozeti (eslovena), Margrét Lóa Jonsdóttir (islandesa), Sergej Timofejev (letona de expresión rusa) e Yolanda Castaño (galega). A actividade está promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Fundación Illa de San Simón e Literatura Across Frontiers británica. A poeta galega actuará como coordinadora.

Alén da tradución de textos poéticos ás linguas de expresión dos diferentes escritores, durante as xornadas de convivencia celebraranse actividades complementarias, como recitais multilingües, unha mesa redonda e un roteiro poético pola cidade de Vigo, que se detallan no programa que figura na web institucional.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org