Praza Pública dános noticia da posibilidade de que Chus Pato ou Fina Casalderrey ocupen a vacante deixada polo falecemento do galeguista Xaime Isla Couto. Esta candidatura vén precedida por varias entradas masculinas na institución e pola difusión dun manifesto, O xogo das cadeiras, que fora asinado o pasado ano por centos de representantes do mundo da cultura como reivindicación dunha maior presenza feminina na Academia.
Chus Pato representa unha poesía fondamente comprometida politicamente e desde a conciencia de xénero, mentres que Fina Casalderrey, pola súa banda, destaca no eido da literatura infantoxuvenil.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org