Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Estíbaliz Espinosa participa no North Wales International Poetry Festival
[03/10/2012]
A poeta galega está convidada a participar no festival poético que terá lugar entre os días 3 e 7 de outubro no norte de Gales. Entre as actividades programadas haberá un "paseo de poesía", seminarios de escritura creativa, debates e lecturas de poemas nas súas linguas orixinais e en traducións ao galés e ao inglés.

O festival terá lugar nas localidades de Machynlleth, Aberystwyth, Bangor e Mold entre os días 3 e 7 de outubro. Os poetas visitantes son: Eduard Escoffet (Catalunya); Estíbaliz Espinosa (Galiza); Julia Fiedorczuk (Polonia); Katerina Iliopoulou (Grecia); Cia Rinne (Suecia/Finlandia/Alemaña); Morten Søndergaard (Dinamarca); Jeroen Theunissen (Bélxica); Anja Utler (Alemaña) e Yu Jian (China). Entre os poetas galeses que participan están Tony Conran, Samantha Wynne-Rhydderch, Twm Morys, Karen Owen e Gerwyn Williams.

O Festival Internacional de Poesía de Gales é unha colaboración entre Poetry Wales and Tŷ Newydd Writers’ Centre/Translators’ House Wales, apoiada por Arts Council of Wales, Bangor University, Literature Across Frontiers, Wales Literature Exchange, Literature Wales, Aberystwyth University, the British Councile e varias organizacións no estranxeiro. É unha actividade promovida pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org