Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Novas publicacións da Fundación Manuel María
[19/09/2012]
Un libro inédito de Manuel María, un cedé de Uxía e un DVD que recibiu o premio Mestre Mateo achégannos desde diferentes formatos ao poeta da Terra Chá

A Fundación Manuel María vén de publicar un libro inédito do poeta chairego titulado Os lonxes do solpor, no que din que se percibe a comuñón coa terra, a saudade do pasado e a deshumanización do presente. Xuntamente co poemario sae o cedé Andando a terra, no que Uxía fai unha interpretación musical de textos de Manuel María, así coma un DVD, De amor e cantería, de Píxel Films. Este último traballo recibiu o premio Mestre Mateo á mellor produción experimental do ano 2011, sobre un guión de Anxa G. Refoxo que traslada a sons e imaxes os Sonetos á Casa de Hortas. Velaquí tres formatos e tres novos xeitos de achegármonos ao poeta.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org