Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Obradoiro de estudos rosalianos en Cardiff
[10/09/2012]
Obradoiro coordinado por María do Cebreiro Rábade Villar no marco do X Congreso da AIEG. Durante os días 13 e 14 de setembro investigadores e investigadoras de diferentes universidades europeas e americanas debaterán sobre novas liñas de investigación arredor da figura da escritora.

O Grupo de Investigación Rosalía de Castro organiza este obradoiro, no que se tratarán cuestións como as achegas recentes sobre a vida e o tempo de Rosalía, a internacionalización dos estudos rosalianos e os novos enfoques sobre a poesía, a narrativa e o ensaio da autora. Presentaranse, ademais, a edición da obra galega completa na editorial Xerais, a monografía Canon y subversión. La narrativa de Rosalía de Castro e Novas olladas sobre Rosalía de Castro, número especial da revista Grial.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org