Por mediación de Miro Villar, o equipo do proxecto poesiagalega.org accedeu ao arquivo magnetofónico que Rafa Villar conserva das actividades organizadas a partir de 1998 por Edicións do Dragón e en particular Letras de Cal en diferentes locais do casco vello compostelán, nomeadamente no Tarasca. Tras a necesaria dixitalización e edición dos arquivos de son ofrécense desde hai uns días neste repositorio gravacións de Marilar Aleixandre, Anxo Angueira, Xosé C. Caneiro, Helena de Carlos, Eduardo Estévez, Alfredo Ferreiro, Modesto Fraga, Manuel Lago, Tati Mancebo, Anxo Pastor, Claudio Pato, Carlos Penela e Séchu Sende, que en vindeiras datas complementaranse con outras que proveñen do mesmo arquivo, amábel e desinteresadamente posto a disposición de poesiagalega.org por Rafa Villar.
O equipo agradece de forma especial a Rafa Villar a súa xenerosidade e faina extensiva a todas as persoas que participaron de xeito activo na organización das lecturas e recitais poéticos agora recuperados, en particular a Paco Souto.
Fotografía da rúa Entremuros tomada de www.minube.com/fotos
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org