Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Forked Tongues, nova escolma de Manuela Palacios
[27/08/2012]
Shearsman Books publica unha antoloxía de poetas galegas, vascas e catalás, traducidas ao inglés por escritores e escritoras irlandeses. Poemas de Chus Pato, María do Cebreiro, Pilar Pallarés, Yolanda Castaño e Lupe Gómez constitúen a mostra de poesía galega que ofrece este volume.

Forked Tongues escolma ademais textos de catro poetas vascas (Itxaro Borda, Miren Agur Meabe, Castillo Suárez e Leire Bilbao) e catro catalás (Vinyet Panyella, Susanna Rafart, Gemma Gorga e Mirei Calafell). Neste volume os poemas pódense ler nas súas linguas orixinais e mais en tradución ao inglés. 

A profesora Manuela Palacios continúa con esta antoloxía unha liña de investigación comparatista sobre poesía e xénero, que se vén materializando en diversos proxectos sobre a escrita das mulleres en Galiza e Irlanda.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org