Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Revista de Poesía N 2
[23/08/2012]
Desde hoxe pode lerse e baixarse en pdf o número 2 completo da Revista de Poesía, proxecto semestral do Grupo Alea de Análise Poética dirixido a investigadores/as e público en xeral que inclúe artigos, entrevistas, reseñas, obra gráfica e traducións sobre poesía galega e internacional.

Poesiagalega.org pon a disposición pública o segundo número da súa Revista de Poesía, cuxo comité de redacción está formado por Arturo Casas, Margarita García Candeira, María López Sández, Montse Pena Presas e María do Cebreiro Rábade Villar.

Cada número da Revista de Poesía ten dous momentos diferenciados no que respecta á súa visualización. Nun primeiro momento a entrega terá carácter líquido: irán saíndo á web os artigos a medida que se vaian recibindo, aceptando e editando. Nun segundo momento os números terán xa un carácter pechado. Así, dúas veces por ano (intentarase que en maio e en novembro) darase por completa ou pechada a lista de colaboracións. A partir desa altura maquetarase o conxunto de colaboracións nun arquivo conxunto en pdf, similar ao que hoxe queda listo para descarga. Simultaneamente a ese paso e peche dun número abrirase a fase líquida do número seguinte.

Pechado pois o número 2, ofrécense xa materiais do número 3. Para comezar, dúas recensións de Manuela Palacios e un artigo de Xosé Luís Mosquera Camba. Axiña se incrementarán contidos.

O enderezo de contacto para enviar propostas/textos é gaapsdcping@gmailpong.com.  As normas de publicación poden consultarse aquí.

 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org