Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Poesía galega en El invisible anillo
[13/08/2012]
A revista publicada pola editorial Eneida dedica o seu número 16 á poesía galega contemporánea. O monográfico ofrece unha escolma poética e reúne unha serie de ensaios a cargo de investigadores como Carmen Blanco, Arcadio López-Casanova, C. Clementson, Teresa Seara, Carlos Beck e Ramón Nicolás.

"Érase una vez... Galicia", número ilustrado por Ginés Liébana, traza un panorama da poesía galega desde Rosalía de Castro até os nosos días, con textos en versión bilingüe galego-castelán de autores como Pondal, Curros, Cabanillas, Otero, Pimentel, Novoneyra, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Méndez Ferrín,  X. Mª Álvarez Cáccamo, Cesáreo Sánchez, Xulio L. Valcárcel, Darío X. Cabana, Claudio Rodríguez Fer ou César A. Molina. Os ensaios abordan a obra rosaliana, as figuras de Cunqueiro e Celso Emilio Ferreiro, a reescritura dos contos de fadas ou a representación do mundo clásico na poesía galega.

A editorial Eneida prepara así mesmo unha antoloxía de poesía galega contemporánea, que sairá do prelo no outono baixo o título de Sinfonía atlántica. Antología general de la poesía gallega.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org