Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Novo dossier sobre Autopoéticas en poesiagalega.org
[07/08/2012]
O dossier inclúe máis de sesenta textos de carácter autopoético, agrupados segundo a súa orixe editorial ou a súa vocación discursiva, que reflicten o carácter diverso e vizoso da poesía galega das últimas tres décadas.

As trinta e seis autopoéticas aparecidas no Boletín Galego de Literatura, entre 1989 e 2004, constitúen o núcleo central do dossier, ao rexistrar a presenza tanto das voces canonizadas (por exemplo, as de Luz Pozo Garza, X. L. Méndez Ferrín, Xosé María Álvarez Cáccamo, Uxío Novoneyra ou Chus Pato) como daquelas outras de aparición máis recente ou de perfil heterodoxo (Luísa Villalta, Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Xesús M. Valcárcel ou Ricardo Martínez-Conde).

O sumario recolle, ademais, as autopoéticas incluídas nos libros da colección Leliadoura, que viron a luz na segunda metade da década de 1980 e primeiros anos da seguinte. Tamén determinados textos de presentación autorial integrados nas achegas da editorial Letras de Cal, xa no cambio de século. Outro tipo de poéticas, que asumen un carácter grupal ou xeracional, que se orientan especificamente para a reflexión intermedial ou que teñen a súa orixe en comunicacións orais de distinto tipo (recitais, conferencias ou presentacións de libros) completan o panorama do que dá conta o dossier.

dossier_completo.pdf (.pdf 36 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org