Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Residencia de (Retro)visor en Normal
[02/08/2012]
Durante este verán Antía Otero e Isaac Garabatos preparan no espazo de intervención cultural Normal da Coruña o seu novo proxecto de perfopoesía a partir do poemario (Retro)visor de Antía Otero.

"(Retro)visor parte desa feble liña que separa o real da ficción coa vontade de construír un espazo de identidade onde a voz se sinta cómoda. Non en van, este é un poemario confesional, aínda que configura unha confesión prometida que nunca dá chegado.

Con imaxes de Win Wenders como telón de fondo e creando un lugar de silencio cheo de palabras, (Retro)visor constrúese a partir da hibridación de diferentes disciplinas, onde o código poético entrelaza un discurso de longo monólogo, de extenso poema intimista con forma de road-movie.

Desde o cotián, apreixado nun fotograma de París-Texas, a confesión realiza aquí unha viaxe pola estrada interior para chegar á reflexión vital e ao pensamento."

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org