Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Residencia de escritores e escritoras en Rianxo
[31/07/2012]
A editora Axóuxere, coa colaboración do concello de Rianxo, pon en marcha un programa de residencias na casa da parroquia de Leiro co obxecto de enriquecer o espectro creador contemporáneo.

"O traballo creativo a miúdo precisa dun espazo e tempo propios, e dunha forma de atención non doada de atopar no mundo social actual, onde o imperativo externo do sistema produtivo aprisiona a posibilidade de expansión e desenvolvemento creativo. Non é doado, a día de hoxe, atopar espazos que propicien a realización libre dese proceso. @s integrantes da Axóuxere entenden a vida como un proceso creador, que -contra as paramétricas actuais da sociedade capitalista- se realiza no coñecemento, na autoexpresión e no despregue do ser de cada un. É esa unha das razóns polas que a editora configurou un espazo dende o que traballa, e no que plantexa unha forma de vida comunitaria, baseada no mutuo respecto e na investigación co-relacional entre persoas, a fin de formar unha potencia emancipadora que nos libere do xugo das opinións e das crenzas cotiás, abríndose o paso cara a horizontes experienciais non determinados como dogma de ningún tipo."

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org