Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Pranto Matricial na voz do seu autor
[27/07/2012]
O Consello da Cultura Galega pon a disposición do público a edición facsimilar da obra de Paz Andrade publicada en 1955 en Bos Aires así como a gravación realizada polo propio autor dous anos despois na mesma cidade.

A publicación de Pranto Matricial coincidiu co quinto aniversario da morte de Castelao (a quen vai dedicada) e conta coas ilustracións de Colmeiro, Maside, Souto e Torres. A edición especial do Consello da Cultura Galega inclúe, ademais da versión facsimilar dos textos en galego e castelán publicados por Ediciones Galicia de Bos Aires, a presentación de Ramón Villares que leva por título “Pranto polo amigo Daniel” e o estudo introdutorio “Paz Andrade, os galeguistas, Bos Aires e Pranto Matricial”, de Afonso Vázquez-Monxardín. 

Pola súa banda, o recital foi gravado en 1957 nos estudos San Martín da capital arxentina.

 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org